Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

Servizos

A Unión Local da CIG de Verín e A Limia, a maiores do seu obxecto principal, a acción sindical, presta aos seus afiliados e afiliadas e aos trabalhadores e trabalhadoras en xeral, os seguintes servizos:

  • Información económica e laboral
  • Asesoría Xurídica
  • Denuncias contra abusos patronais e sociais
  • Asesoramento e Cumprimentación da declaración da renda
  • Caixa de Resistencia
Servizo de Información económica e laboral

A Unión Local da CIG de Verín e A Limia presta, aos seus afiliados e afiliadas, un servizo gratuíto de información e asesoramento sobre todo tipo de normas laborais (convenios colectivos, tabuas salariais, etc.), económicas (EREs, concursos de acredores/as, etc.), sociais (cumprimentación de becas, asistencias sociais) e de seguranza social (prestacións de desemprego, xubilacións, invalideces, etc.).

Servizo de Asesoría Xurídica
  • Laboral, laboral-penal e Contencioso Administrativa:

A Unión Local da CIG de Verín e A Limia presta, aos seus afiliados e afiliadas, un servizo de asesoramento xurídico laboral, laboral-penal e contencioso administrativo nas seguintes condicións:

- Consultas e asesoramentos: gratuítos pra todos os afiliados e afiliadas
- Levanza de casos xurídicos: gratuíta pros afiliados e afiliadas con mais de 5 anos de antigüídade e con custe decrecente pro resto de afiliados/as en función da maior antigüidade no sindicato.

  • Civil e Penal (non derivado de laboral):

A Unión Local da CIG de Verín e A Limia presta, aos seus afiliados e afiliadas, un servizo de asesoramento xurídico civil e penal, non derivado de laboral, nas seguintes condicións:

- Consultas e asesoramentos: gratuíto pra todos os afiliados e afiliadas
- Levanza de casos xurídicos: con custe social, segundo o prezo mínimo marcado pola tabua de honorarios dos Colexios de Avogados/as de Galiza.

Servizo de Asesoramento e Cumprimentación da Declaración da Renda

A Unión Local da CIG de Verín e A Limia presta, aos seus afiliados e afiliadas, un servizo gratuíto de asesoramento e cobertura de declaracións fiscais e da renda, co obxecto de facilitarlhes a cumprimentación de tais obrigas.

Caixa de Resistencia

A CIG dispón, a favor de todos os seus afiliados e afiliadas, dumha Caixa de Resistencia pra casos de folgas e paros laborais, que outorga o dereito, a aqueles/as que conten con máis de tres anos de afiliación na central sindical, a cobrar até o equivalente do salario mínimo interprofesional, a partir do 4º día da folga; compensando así unha parte importante do salario perdido como consecuencia da citada acción sindical.

Este mecanismo ten servido deica hoxe a moitos companheiros e companheiras afiliados pra poder exercer o seu dereito á folga con liberdade, permitindolhes resistir e ganhar os conflitos fronte ás súas empresas.