Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CIG Verín - A Limia

Locais da CIG en Verín e Xinzo e como chegar
VERIN XINZO DE LIMIA

Casa Sindical

Rúa Doutor Pedro González nº 5-1º andar. CP 32600

Casa Sindical

Rúa Alexandre Bóveda s/n (Parque do Toural). CP 32630

Telefone: 988412345

Telefone: 988462583

Fax: 988411013 Fax: 988462824


Preme nas ligazóns para saber como chegar aos nosos locais:

CIG Verín

CIG Xinzo de Limia

Horarios de atención ao público

1.-Local de Verín:

Da Segunda á Quinta (luns a xoves)

Manhá: 10.00 horas a 14.00 horas

Tarde: 17.00 horas a 20.00 horas

Na Sexta (venres)

Manhá: 10.00 horas a 14.00 horas

Tarde: pechado

2.- Local de Xinzo:

Na Terza (martes)

Manhá: 10.00 horas a 14.00 horas

Tarde: 17.00 horas a 20.00 horas

Na Segunda, Cuarta, Quinta e Sexta (luns, mércores a venres)

Atención na CIG de Verín: 988412345

Outros Locais da CIG na Galiza

Preme na ligazón pra atopar outros locais da CIG na Galiza

CIG na Galiza

Quen somos

CIG Verín - A Limia

A Confederación Intersindical Galega (CIG) xorde do seu congreso fundacional, o 19 de marzo de 1994, e é a converxencia das dúas centrais sindicais galegas, CXTG e INTG, que asinaran previamente un pacto de alianza o 2 de abril de 1990.

A orixe da CIG, e da INTG e CXTG, remóntase ás loitas sindicais da década dos 70 en Galiza, co nacemento de varias organizacións sectoriais, entre as que cómpre salientar o SOG (Sindicato Obreiro Galego), que deu orixe no ano 1977 á ING (Intersindical Nacional Galega), que se unificará posteriormente coa CTG (Confederación de Trabalhadores Galegos) e mais a CSG (Central Sindical Galega). Deste proceso de converxencia nacen a INTG e a CXTG, que agora se unifican na CIG.

A CIG é un sindicato de clase que defende a identidade nacional de Galiza e a autoorganización dos trabalhadores e trabalhadoras, que practica a solidariedade e o internacionalismo, que considera un principio fundamental a democracia e a participación, que respecta o pluralismo, que mantén a independencia respecto de calquera outra organización ou institución, que se expresa en galego e impulsa a nosa cultura e idioma.

A Confederación Intersindical Galega ten como obxectivos básicos a melhora progresiva e xeral, individual e colectiva, dos trabalhadores e trabalhadoras; o impulso do Marco Galego de Relacións Laborais e a construción da Central Sindical Única Galega; a defensa do pleno exercicio dos dereitos humanos, individuais e colectivos, incluíndo o dereito de autodeterminación; a loita por umha nova orde económica internacional, máis xusta e solidaria; a reforma do marco xurídico e político que permita a Galiza ser suxeito de pleno dereito dentro da Unión Europea e contar con plena capacidade de actuación en todas as materias, etc.

O Conselho Confederal da CIG, máximo organismo entre Congresos, reúnese cada 3 meses e conta cuns 100 membros. O Secretariado está composto por 29 membros, ten como finalidade facer o seguimento da acción sindical e reivindicativa sectorial e comarcal, e reúnese cada mes e medio. E a Executiva Confederal está composta por 12 membros e xúntase cada semana ordinariamente. O Secretario Xeral exerce a máxima representación da CIG e coordina os organismos confederais a nivel nacional. Todos os membros da Executiva e o Secretario Xeral son elixidos en Congreso.

A Unión Local da CIG de Verín e A Limia constituíuse, tamén, no ano 1994, na súa 1ª Asemblea, celebrada o 25 de Xunho de 1994, na Casa da Cultura de Verín; mais o funcionamento da central sindical, nas comarcas de Verín e Xinzo de Limia, retrotráese ao ano 1990, con outras denominacións: INTG ou CIG-INTG e CXTG.

A Comisión Executiva da Unión Local da CIG é o máximo órgano de dirección sindical das comarcas de Verín, A Limia e Conso Frieiras. Reúnese cada mes e está conformada por 7 companheiros/as, coordenados por un Secretario Xeral da Unión Local.

A CIG é a central sindical maioritaria, en número de afiliados/as e delegados/as, no sul da provincia d'Ourense, sendo a 1ª forza sindical dende o ano 1997, nas comarcas de Verín e A Limia, con mais de 2.000 militantes.

Directorio
Comisión Executiva da Unión Local
CargoNome e Apelidos 
Secretario UL Óscar Núñez Álvarez  
Vogais    
   
   
   
   
   
Locais Sindicais
EnderezoTeléfonoFaxEnderezo Electrónico
Verín:
Casa Sindical. Rúa Doutor Pedro Gonzalez nº 5, 1º
 988 412 345  988 411 013 verin@galizacig.gal
Xinzo de Limia:
Casa Sindical. Parque Toural s/n
 988 462 583  988 462 824 xinzo@galizacig.gal
Desenho e programación da web
Carlos Escudero Portas