Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

XORNADA NACIONAL DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A SILICOSE

10 Out 2019

Levarase a cabo o vindeiro sábado 19 ás 10 horas no Barco de Valdeorras

A Federación de Construción e Madeira da CIG (FCM) organiza unha xornada nacional de sensibilización sobre a silicose. Será no edificio multiusos do Barco de Valdeorras o vindeiro sábado, 19 de outubro ás 10 horas. A asistencia ó acto será libre até completar o aforo do local.

Na xornada, participarán facultativos que son especialistas neste tema xunto con sindicalistas.

Na parte da saúde intervirán o neumólogo José Jesús Blanco Pérez do servizo de neumoloxía do hospital Álvaro Cunqueiro e o especialista en menciña do traballo que foi xefe da equipa técnica de menciña laboral do centro ISSGA de Pontevedra, Manuel Gil Fernández.

Pola parte sindical estará o secretario nacional da federación de construción e madeira da CIG, Plácido Valencia e o secretario comarcal de Ourense Anxo Pérez.

Volver