Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Vidrieira do Atlántico participa nun acto da CGTP-IN en Porto

03 Abr 2009

O comité denuncia a actitude do empresario, negándose a negociar

O conflito en Vidriera del Atlántico xurde co cambio de propietario, xa que desde hai uns meses ten o 100% do capital o grupo B-A Glass, dono de tres fábricas en Portugal e doutras tantas no Estado español. A nova direción quere modificar os métodos de traballo e as condicións laborais (no convenio colectivo), o que implica unha perda importante de ingresos, nalgúns casos de até 6.000 euros ao ano, segundo denuncia o Comité, supoñendo unha regresión para uns salarios xa de por sí baixos.

Segundo Luis Ferreiro, secretario da CIG en Monterrei-A Limia, que interviu no acto, "queremos dicirlle ao pobo portugués que os traballadores da Vidrieira do Atlántico teñen a suficiente dignidade para non ceder ante as presións do empresario, que ten que saber hoxe dunha forma clara e transparente que soamente se pode cambiar de rumo cunha mudanza de actitude pola súa parte" conminándoo a "respeitar a dignidade e os dereitos dos traballadores e traballadoras da empresa" para pode chegar a un acordo. Pola súa banda, Plácido Valencia, presidente do comité  da Vidriera, sinalou que a dia de hoxe o proceso "está totalmente estancado por parte da empresa, que se nega a negociar, querendo impor as súas condicións".

Mudar de Rumo", campaña da CGTP-IN

A “tribuna pública” foi organizada pola central portuguesa, dentro dunha campaña por todo o país, que ten como consigna “Mudar de rumo, polo emprego con dereitos”, e está inserida "dentro dos actos organizados pola Federación Sindical Mundial (FSM) a prol do emprego e contra a crise", segundo dixo Joao Torres, coordinador da CGTP no distrito de Porto. Na “tribuna” tamén participaron os coordenadores doutros cinco distritos do norte de Portugal, así como os responsábeis de varios sindicatos da central (Metal, Función Pública, etc.). Ao acto asistiron unhas trescentas persoas, aínda que dado que se facía na rúa foron moitos e moitas os que pasaban polo lugar e se detiveron para escoitar os oradores.

Novas quendas de folgas

O vindeiro día 5 de abril comezará unha nova xornada de folga na Vidreira, que sumará xa a número 8 no que vai de ano. Anxo García Torres, responsábel da CIG de Verín e membro do Comité de Folga, informou que a partires do mes de maio se convocarán novos paros cunha duración “sensibelmente superior a actual”, no caso de que por parte da dirección da Vidreira “non seproduza a apertura dun proceso de diálogo real e se avance na solución do problema laboral”.

Ademais, o Comité de Folga remitiu un escrito á direción da empresa no que lles comunican que, logo da falla de reposta aos requirimentos de entrega dun calendario coas datas para a destrución da produción durante as quendas de paro, “non nos deixan mais alternativa que solicitar a intervención dos órganos xudiciais oportunos para reclamar o cumprimento do acordado e, no seu caso, para demandar o resarcimento dos danos e prexuízos ocasionados aos traballadores/as en folga, por vulneración dese direito fundamental”.

Novas relacionadas

 

Volver