Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Unha sentenza recoñece dúas categorías profesionais a unha coordinadora de zona fría da Vidreira do Atlántico

05 Mai 2009

O persoal mantén unha demanda colectiva de reclasificación contra a empresa

O xulgado do Social número 3 de Ourense determinou a obriga da Vidreira de reclasificar a Ana María González, coordinadora de zona frío, dúas categorías por riba da que tiña adxudicada pola empresa, pasando deste xeito do Grupo 3, Nivel X ao Grupo V, Nivel VII. Ademais, a traballadora conservará o Plus de Responsabilidade ao que tiña dereito.

Dende a Unión Local de Verín destacaron a importancia desta sentenza para o desenvolvemento para a resolución favorábel do conflito laboral aberto dende o pasado ano. “Debemos felicitarnos, sen caer no triunfalismo, posto que esta sentenza vai axudar enormemente a que a demanda colectiva de reclasificación profesional que temos en marcha, con moitas posibilidades de éxito e, con ela, os intereses de todos os traballadores e traballadoras en folga”, sinálase nun comunicado.

A decisión xudicial vai favorecer directamente a todos e todas as traballadoras con categoría profesional correspondente a Coordinador/a de zona fría, así como ao resto dos grupos e categorías.

Aínda que a empresa pode recorrer a sentenza, dende a CIG de Verín subliñaron que “supón un pao en todo lombo dunha equipa directiva que cre que pode facer o que queira cos dereitos dos traballadores/as. E non debería esquecer que a sentenza recoñece o Plus de Responsabilidade, un plus como o de actividade que suprimiron en novembro de 2008”.

Novas relacionadas

Volver