TROCOS NAS BOLSAS DE ESTUDOS
Ten en conta isto se te matriculaches ou tes pensado facelo
As bolsas de estudos para o curso 2022-2023 veñen con importantes cambios.
O prazo para solicitala abrirase este mes de marzo e MOI IMPORTANTE!! pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.
Para que estudos podes solicitar unha bolsa? Podes solicitar unha bolsa se te matriculaches ou te vas a matricular para o curso 2022-2023 nalgún dos seguintes niveis:
Bacharelato
Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
Formación Profesional de grao medio e de grao superior
Ensinos artísticos: profesionais e superiores
Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
Ensinos deportivos
Estudos relixiosos superiores
Formación Profesional de Grao Básico
Universidade: grao e máster

