Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

TRES NOVAS BOLSAS DE TRABALLO NO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

27 Feb 2021

Son para Director/a e Técnico/a da Escola Infantil e Pión de Parques e Xardíns

O concello do Barco de Valdeorras fai públicas tres convocatorias dos procesos de selección para a formación das seguintes bolsas de traballo:

Unha bolsa de traballo para a ocupación de técnico/a especialista en Xardín de Infancia para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2022.

Unha bolsa de traballo para a ocupación de director/a da Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2022.

Unha bolsa de traballo para a categoría de pión de parques e xardíns do Concello do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2022.

CONVOCATORIAS BOLSAS DE TRABALLO DO BARCO DE VALDEORRAS

 

Convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a ocupación de técnico/a especialista en Xardín de Infancia para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2022.

 

Convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante Resolución da Alcaldía, con data 24 de febreiro de 2021:

 

*Denominación da ocupación da bolsa de traballo:

 

- Técnico/a especialista en Xardín de Infancia para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras.

 

*Obxecto:

 

- Formación de bolsa de traballo para a ocupación de técnica/o especialista en Xardín de Infancia para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras, mediante o sistema concurso, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2022, para posibles coberturas temporais. As funcións para realizar serán as descritas no art. 1º das bases de convocatoria.

 

*Titulación e requisitos esixidos:

 

Os esixidos no art. 3º das bases de convocatoria, sendo entre outros:

 

- Estar en posesión da titulación de técnico/a especialista en Xardín de Infancia, ciclo superior en Educación Infantil; diplomado/a en Maxisterio, especialidade educación infantil; diplomado/a en EXB, especialidade preescolar; grao universitario de Maxisterio de Educación Infantil ou equivalentes na data na que remate o prazo de presentación de instancias; no suposto de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.

 

- Estar en posesión do certificado de formación en hixiene e manipulación de alimentos ou tarxeta ou carné de manipulador de alimentos e tamén ter un curso ou xornada de primeiros auxilios (entendido como curso/xornada independente, non como módulo integrante dun curso, nin como materia dun curso académico).

 

- Ter posta a vacinación contra a rubéola, cando a aspirante que opte á presente convocatoria sexa unha muller.

 

*Documentación:

 

- A esixida nas bases de convocatoria que estarán disponibles no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).

 

*Presentación de instancias:

 

- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense”.

 

- As bases e o anuncio da convocatoria publicaranse no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no taboleiro de edictos electrónico do concello.

 

 

 

Convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a ocupación de director/a da Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2022.

 

Convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante Resolución da Alcaldía, con data 24 de febreiro de 2021:

 

*Denominación da ocupación da bolsa de traballo:

 

- Director/a da Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras.

 

*Obxecto:

 

- Formación de bolsa de traballo para a ocupación de director/a da Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras, mediante o sistema concurso, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2022, para posibles coberturas temporais. As funcións para realizar e as situacións polas que se acudirá á bolsa son as descritas no art. 1º das bases de convocatoria.

 

*Titulación e requisitos esixidos:

 

Os esixidos no art. 3º das bases de convocatoria, sendo entre outros:

 

- Estar en posesión da titulación universitaria de diplomado en Maxisterio, especialidade educación infantil; diplomado/a en EXB, especialidade preescolar ou grao universitario de Maxisterio de Educación Infantil na data na que remate o prazo de presentación de instancias; no suposto de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.

 

- Estar en posesión do certificado de formación en hixiene e manipulación de alimentos ou tarxeta ou carné de manipulador de alimentos e tamén ter un curso ou xornada de primeiros auxilios (entendido como curso/xornada independente, non como módulo integrante dun curso, nin como materia dun curso académico).

 

- Ter posta a vacina contra a rubéola, cando a aspirante que opte a esta convocatoria sexa unha muller.

 

*Documentación:

 

- A esixida nas bases de convocatoria que estarán disponibles no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).

 

*Presentación de instancias:

 

- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense”.

 

- As bases e o anuncio da convocatoria publicaranse no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no taboleiro de edictos electrónico do concello.

 

 

 

Convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a categoría de pión de parques e xardíns do Concello do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2022.

 

Convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante Resolución da Alcaldía, con data 24 de febreiro de 2021:

 

*Denominación da categoría da bolsa de traballo:

 

- Pión de parques e xardíns para o Concello do Barco de Valdeorras.

 

*Obxecto:

 

- Formación de bolsa de traballo para a categoría de pión de parques e xardíns do Concello do Barco de Valdeorras, mediante o sistema concurso-oposición, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2022, para cubrir eventuais necesidades de contratación, de carácter non permanente, que xurdan por razóns de servizo e non poidan ser atendidas por persoal do propio concello.

 

*Titulación e requisitos esixidos:

 

Os esixidos no art. 3º das bases de convocatoria, referidos á data na que remata o prazo de solicitudes, sendo entre outros:

 

- Estar en posesión da titulación de certificado de escolaridade ou equivalente ou estudos superiores; no caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

 

- Estar en posesión do permiso de conducir en vigor, B.

 

*Documentación:

 

- A esixida nas bases de convocatoria, dispoñibles no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).

 

*Presentación de instancias:

 

- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense”.

 

- As bases e o anuncio da convocatoria publicaranse no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no taboleiro de edictos electrónico do concello

 

Volver