Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

TRABALLADOR@S DA EMPRESA PÚBLICA SEAGA MANIFÉSTANSE EN COMPOSTELA

17 Set 2018

Celebrouse na porta sur do complexo administrativo de San Caetano

Dentro dos actos programados na folga que están levando a cabo @s trabalhador@s da E P Seaga, concentráronse hoxe luns diante da porta sur do complexo administrativo de San Caetano. Esixen a modificación inmediata do decreto que regula a contratación na Xunta, para que o persoal de SEAGA poida computar a súa experiencia e acceder en igualdade de condicións a unha praza de extinción.

"Aínda que SEAGA forma parte do PLADIGA e é unha empresa pública, por mor do decreto que regula a contratación, aos traballadores e ás traballadoras de SEAGA non se lles terá en conta a súa experiencia laboral, a pesar de que levan máis de 10 anos nestas labores, ao contrario do que acontece co persoal da Xunta ou das brigadas dos concellos. É dicir, na práctica, máis de 500 empregadas e empregados de SEAGA formados e profesionais deixan de prestar servizos na extinción", aseguran.

Asemade esixen a modificación inmediata do decreto que regula a contratación na Xunta, para que o persoal de SEAGA poida computar a súa experiencia e acceder en igualdade de condicións a unha praza de extinción. Pois parece que todo o mundo poderá puntuar menos o persoal que -na realidade- xa debería ter recoñecida a cualificación de bombeiro/a forestal.

Ista é a primeira concentración levada a cabo dende o inicio da folga, e que terá continuidade até que se acade un compromiso firme que solvente esta inxusta situación.

Volver