Suspenden de xeito cautelar o decreto do alcalde de Verín que prohibe o uso de megafonía para difundir a folga xeral
A CIG recorrera a decisión do rexedor ao entender que atenta contra o dereito á información, á liberdade sindical e á folga
As partes están convocadas agora para este xoves día 20, data na que o xuíz fixou a celebración da vista, tras do que deberá decidir sobre o mantemento, levantamento ou modificación desta medida cautelar. Dende a Unión Local de Verín avalían moi positivamente a decisión, sobre todo a súa urxencia, e consideran que vai dirixida a preservar o dereito fundamental á información, á liberdade sindical e á folga “fronte á interpretación revirada e autoritaria do equilibrio que se debe de gardar para preservar o dereito ao descanso dos veciños/as sen limitar estes dereitos básicos”.
Finalmente, consideran especialmente grave o feito de que o decreto fose asinado polo alcalde, “unha persoa que pertence ao Consello da CRTVG, polo que entendemos que debería de amosar especial sensibilidade por garantir o dereito á información”.

