Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

SUMA E SEGUE: 7ª CONDENA AO CONCELHO DE VERÍN, POR VIOLACIÓN DE DEREITOS FUNDAMENTAIS: NESTE CASO DO DEREITO Á LIBERDADE SINDICAL E NEGOCIACIÓN COLECTIVA

22 Xun 2015

A Sala do Contencioso Administrativo do TSXG, dando á razón á CIG, anula a modificación da RPT 1/2011 do Concelho de Verín

A Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de publicar a súa sentenza nº 388/2015, pola que, acolhendo un recurso contencioso interposto pola CIG, declara nulo o Acordo Plenario do Concelho de Verín de 18 de Maio do 2011, polo que se aprobara a modificación da Relación de Postos de Trabalho 1/2011, ao non ser atendida a solicitude do sindicato de negociar a clasificación dos postos de trabalho da policía local, entre outras cuestións.

Por 7ª vez consecutiva o anterior Grupo de Goberno do Concelho de Verín recibe a reprobación dos xulgados, por violar os dereitos fundamentais dos trabalhadores/as e da CIG, neste caso o de liberdade sindical e de negociación colectiva. Fagamos memoria do que tenhen resolto os Tribunais:

O 12 de Maio do 2011, o Xulgado Contencioso nº 1 d'Ourense (PEPDF 20/2011), estimando o recurso interposto pola CIG, anulou un Decreto do Alcalde de Verín, polo que se prohibía á CIG o uso de megafonías pra difundir a folga xeral do 27/01/11. A causa da anulación foi a violación dos dereitos fundamentais á liberdade de expresión e á liberdade sindical.

O 26 d’Outubro de 2011, a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, declarou a nulidade do Orzamento Xeral do Concelho de Verín, do exercicio 2009, por violación, neste caso, do dereito á negociación colectiva e á liberdade sindical da CIG.

O 30 d'Outubro de 2013, o Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 d'Ourense (PEPDF 379/2012), anulou un Decreto do Alcalde de Verín, por violar o dereito á liberdade de expresión da central sindical, ao ordear a retirada imediata de varias pancartas.

O 28 de Xaneiro do 2014, o Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 d'Ourense (P.O. 351/2010), anulou o Orzamento Xeral do Concelho de Verín pro exercicio 2010, obrigando á institución a resolver as alegacións da CIG e a reconvocar o pleno de aprobación orzamentaria, ao ter violado o dereito á liberdade sindical e á negociación colectiva

O 19 de Febreiro do 2014, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (P.O. 84/2012) anulou o Orzamento Xeral do Concelho de Verín pro exercicio 2011, obrigando á institución a resolver as alegacións da CIG e a reconvocar o pleno de aprobación orzamentar, ao ter violado o dereito á liberdade sindical e á negociación colectiva.

O 24 de Xunho do 2014, o Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Ourense, na súa sentenza nº 120/2014, declarou nulo o Decreto da Alcaldía do Concelho de Verín de 13 de Febreiro do 2014, polo que se proibira á CIG a colocación de pancartas de protesta contra a proposta do goberno de restrinxir o dereito ao aborto das mulheres; ao ser constitutiva, tal limitación, dumha violación do dereito á liberdade de expresión.

Así as cousas, a CIG solicitará, ao actual Grupo de Goberno, a xuntanza urxente da Mesa Xeral de Negociación, co obxecto de debater e consensuar a modificación da RPT municipal e, asemade, repor a legalidade vulnerada pola anterior equipa de goberno do Partido Popular.

Volver