Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

SOBRE 2000 PERSOAS ALAGAN AS RÚAS DE VERÍN RECLAMANDO O MANTEMENTO DO PARTIDO XUDICIAL

13 Xun 2014

Lección democrática dada pola cidadanía das Comarcas de Monterrei e Conso Frieiras a certos gobernantes do Partido Popular

Lección democrática dada pola cidadanía de Monterrei e Conso Frieiras, de todas as clases, cores e condicións, a certos gobernantes do Partido Popular, concretamente, ao Alcalde Senador de Verín, que só apareceu pola manifestación, celebrada durante o serán do 12 de xunho, arrastrado pola presión dos cidadáns e cidadás, mais intentando desmobilizalos, contandolhes o conto de que el tinha todo controlado co Ministro de Xustiza.

A democracia consiste en que o povo sexa o que mais ordene e o gobernante sexa o cumpra as ordes do povo.....Éxito dos cidadáns e cidadás da Comarca de Monterrei e Conso Frieiras fronte a gobernantes que pensan que a democracia consiste en que eles ordenan e nos obedecemos.

Parabéns a todos os membros da Plataforma en Defensa do Partido Xudicial e a todos os cidadáns e cidadás da nosa Comarca.

Volver