COMO ACTUAR NO CASO DE SER CHAMADO POLA SEAGA SENDO TRABALLADOR DO SPDCIF
Aconsella non asinar nengún documento sen falar co sindicato
A SEAGA está a realizar chamamentos ao traballo polas listas de contratación temporal aos operarios/as que figuran nisas listaxes inscritos/as.
Cando o operario/a chamado comparece nas oficinas da SEAGA, a Direción requere-o/a pra que asine un documento de
INCOMPATIBILIDADE con calqueroutro traballo na administración pública.
Evidentemente, os e as operários/as que estades a traballar para o SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS DA XUNTA DE GALIZA, sodes traballadores/as da Administración Pública e seguide-lo a ser aínda que, no momento no que a SEAGA vos chame a prestar servizos, non esteades traballando no SPDCIF.
Dende a CIG consideramos que a Lei de Incompatibilidades é inxusta cos traballadores/as a tempo parcial e descontinuos e, entanto permite compatibilizar traballo, por exemplo, aos médicos con consulta pública e privada, impide compatibilizar traballo aos operarios/as contratos parciais e descontinuos, que son os mais desfavorecidos de toda a AAPP.
En consecuencia, aconsellamos-vos proceder do seguinte xeito, se non queredes perder o traballo do SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS DA XUNTA:
1º.- Cando a SEAGA vos chame para algún traballo por lista (e non esteades aínda a traballar no SPDCIF), debedes comparecer o día que sexades convocados/as.
2º.- Cando a SEAGA vos pida que asinedes o documento de INCOMPATIBLIDADE con outros traballos públicos, debes
RECURSAR asina-lo. É dicer. NON O PODEDES ASINAR !!
3º.- Logo de recusar asinar ise documento, probabelmente, a SEAGA vos comunicará que, isa negativa, supón que DECAI o voso dereito a ser chamados a traballar. Se iso acontecer así, debedes solicitar-lhe á SEAGA que vos indique por escrito a exclusión do traballo (sen que vós asinedes nada).
4º.- Se a SEAGA vos entrega o escrito, indicando que decae o voso dereito (sen que vos asinedes nada) traei o escrito ao sindicato pra reclamar contra a lei de incompatibilidade e procurar que vos indemnicen.
5º.- Se a SEAGA recusa entregar-vos por escrito a vosa exclusión, mais verbalmente vos indica que, ao non asinardes, non ides ser chamados ao traballo, tedes que comparecer no sindicato, igualmente, pra reclamar contra a lei de incompatibilidade e procurar que vos indemnicen.
6º.- Se algún traballador/a da SEAGA xa compareceu nas oficinas e o excluíran por non asinar o documento de incompatibilidade que pase polo sindicato para reclamar.
7º.- Se algún traballador/a da SEAGA asinou o documento de incompatibilidade e, cando comece a campaña do SPDCIF, o exclúen do SPDCIF por ter traballado no SEAGA, daquela, ten que pasar tamén pola CIG pra reclamar.

