Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

SEAGA: APERTURA DE PRAZO PARA INSCRICIÓNS E ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS

05 Out 2022

Faino en 20 categorías

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos SA fai pública a apertura do prazo de actualización de méritos por parte dos/as integrantes das listaxes previas e/ou, de ser o caso, dos/as novos/as candidatos/as a ser incluídos/as nas mesmas. Dacordo co disposto no apartado 2. 1. l O das bases xerais para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. de 27 de abril de 2010 (D.O.G de 28/04/2010), apertúrase o prazo para a presentación da documentación correspondente á actualización de méritos por parte dos/as integrantes das listaxes previas que se relacionan a continuación e/ou, de ser o caso, dos/as novos/as candidatos/as a ser incluídos nas mesmas:

Enxeñería de Montes
Enxeñería Agrónoma
Enxeñería Técnica Forestal
Enxeñería Técnica Agrícola
Enxeñería de Camiños, Canles e Portos
Enxeñería Técnica de Obras Públicas
Arquitectura
Arquitectura Técnica
Capataz
Xefe/a de Brigada
Maquinista-condutor/a
Pión Especialista
Pión
Oficial Administrativo/a
Auxiliar Administrativo/a
Dereito
Bióloxía
Técnicos/as de Laboratorio
Titulado/a en Ciencias do Mar
Económicas

Abre o pdf que está debaixo da fotografía para ollar a comunicación da empresa

Volver