Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

@S TRABALHADOR@S FIXOS DESCONTINUOS CON CONTRATOS DE 3 MESES DO SERVIZO DE INCENDIOS DA XUNTA OBTENHEN O DEREITO A ESTENDER A DURACIÓN ATÉ 9 MESES

01 Feb 2015

Varios Xulgados do Social de Ourense están estimando as demandas da CIG e ordenando a extensión da duración dos contratos de 3 a 9 meses

A CIG está a ver estimadas as demandas interpostas contra a Xunta de Galiza, en varios Xulgados do Social de Ourense, en base ao disposto no Convenio Colectivo Único, pro persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galiza. Punto 3.2: período de trabalho do persoal fixo-descontinuo:

"Co fin de contribuír a mellora da estabilidade laboral do persoal do SPDCIF acórdase, con efectos dende o ano 2008, a contratación por un período ininterrompido de nove meses do persoal laboral fixo descontinuo".

As sentenzas aínda non son firmes, porque permiten recurso perante o TSXG, porén todos os trabalhadores e trabalhadoras con contratos fixos descontinuos, indefinidos descontinuos ou interinos descontinuos de 3 meses que queiran reclamar a estensión da duración de 3 a 9 meses deben proceder do seguinte xeito:

a) Pasar polos locais da CIG de Verín ou Xinzo de Limia, URXENTEMENTE, provistos de copias das 6 últimas nóminas, do contrato ou contratos e dun Informe de Vida Laboral actualizado.

b) No caso de que o trabalhador/a, na actualidade, non estea xa a prestar servizos pra Xunta de Galiza:

A acción que se estudará e, logo, se proporá interpor, será umha reclamación dos salarios correspondentes á diferenza que resulte de restar os 3 meses de trabalho desenvolvidos, aos 9 meses de trabalho a que tinha dereito o operario/a.

c) No caso de que o trabalhdor/a, na actualidade, continúe a prestar servizos pra Xunta de Galiza:

A acción que se estudará e, logo, se proporá interpor, será umha reclamación de dereito a estensión da duración do contrato asinado a 9 meses.

Infórmate na CIG de Verín e A Limia (988412345 e 988462583)

Volver