Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Revogado o contrato de adxudicación da recollida de lixo de Viana do Bolo por vulnerar o convenio colectivo

12 Nov 2009

O Concello iniciou a privatización do servizo sen informar aos representantes dos traballadores/as municipais

“Mais outro Concello condenado a anular un acto por ilegal”, sinalan dende a Unión Local da CIG de Verín. Desta volta, o xulgado revogou a resolución da alcaldía de Viana do Bolo de maio de 2008 pola que se privatizaba o servizo de recollida de lixo a limpeza viaria e se adxudicaba o contrato do mesmo á empresa Elite Gallega, ao entender que non se axusta ao disposto na lexislación sobre contratos do sector público.

A CIG presentara recurso contra dita resolución, xa que vulnera o dereito á negociación colectiva, pois, segundo se recolle no convenio colectivo do Concello para o persoal laboral, os representantes dos empregados/as terán que ser informados sobre os procedementos de privatización dos servizos que afecten á estabilidade do emprego, e o informe emitido por estes terá carácter vinculante. Principio que non se respectou dende a alcaldía.

Ademais, o Concello comprometérase a respectar o convenio, renunciando a privatizar os servizos que até entón estaban atendidos pola institución municipal.

Así mesmo, o fallo recoñece que o Concello non actuou conforme á Lei sobre Contratos do sector público, pois tramitou como “menor” o contrato do servizo de limpeza e recollida de lixo, cando pola contía do contrato tería que realizar a adxudicación conforme aos criterios esixidos pola lexislación vixente.

Volver