Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

RECOÑECEMENTO DO TEMPO DO SERVIZO MILITAR PARA OS TRIENIOS DO PERSOAL LABORAL DA XUNTA

23 Nov 2016

O sector da Autonómica da CIG Admón. Pública informa sobre o acordo publicado no DOG do 22 de novembro

No DOG do martes 22 de Novembro, sae publicado o acordo da Dirección Xeral da Función Pública coas organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT onde se recoñece o tempo do servizo militar para o cómputo dos trienios do persoal laboral do V Convenio Colectivo da Xunta de Galicia. Este acordo xa fora asinado polos representantes sindicais e da Administración o pasado 19 de Xullo. Tal e como reflexa o punto primeiro do acordo, recoñécese o tempo do Servizo militar ou equivalente (Obxetores de conciencia...). No punto segundo do acordo recolle o seguinte: O dito recoñecemento terá efectos económicos dende a reclamación administrativa previa desetimada pola administración para aqueles traballadores que non o teñan recoñecido xudicialmente mediante sentenza definitiva e firme, e que o oliciten expresamente.Na oficina dispoñemos de modelos para facer as peticións tanto ó Ministerio de Defensa ou Xustiza, como para a posterior petición á Dirección Xera de Función Pública.

Volver