PUBLICADO O FONDO DE ACCIÓN SOCIAL 2015 DA XUNTA DE GALIZA
A resolución publícase no DOG do 30 de marzo
No DOG do Mércores, 30 de marzo de 2016 publicouse resolución da Dirección Xeral da Función Pública, cos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2015, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160330/AnuncioCA01-180316-0003_gl.html
A presentación de solicitudes a través de esta ligazón:
http://www.xunta.gal/funcion-publica/fondo-de-accion-social/xeracion-de-solicitudes
Os prazos son os seguintes:
Xeración de solicitudes e presentación en servizos de persoal: do 30 de marzo ata o 21 de abril de 2016
Certificar as solicitudes (prazo dos certificadores): do 30 de marzo ata o 10 de maio de 2016
Presentación por rexistro: do 30 de marzo ata o 30 de maio de 2016

