PUBLICADO O CONVENIO DO SIDEROMETAL E TALHERES DE REPARACIÓN DE VEHÍCULOS DE OURENSE
Foi o froito dunha folga de 16 días de duración
Co remate da folga indefinida o 18 de outubro do pasado ano, que foi iniciada o día 5 do mesmo mes, o sector do siderometal da provincia de Ourense, sindicatos e patronal asinaron un preacordo que foi ratificado pola asemblea de traballadores/as. Naquel momento, as partes pactaron unha suba salarial do 15% en tres anos, así como redución da xornada anual en tres días.
Foi naquela xornada 16 horas de negociación, tras 16 días de folga, con amezas, sancións e despedimentos por parte dalgunhas patronais, e logo dunha asemblea de trabalhadoras/es que selou o acordo, cando se acadou unha suba salarial do 5% para o ano 2022 con carácter retroactivo dende xaneiro; do 5,5% para 2023; e do 4,5% para 2024.
Esta negociación incruíu unha cláusula de revisión salarial con actualización de táboas a xaneiro de 2025 topada ao 18%. Ao mesmo tempo, redúcese a xornada de traballo anual nun día, que ficará consolidado en 2023, quedando a xornada anual en 1776 horas; e noutros dous días non consolidábeis, un en 2023 e outro en 2024.
Así as cousas, coa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do xoves 15 de febreiro deste convenio colectivo de siderometal e talheres de reparación de vehículos da provincia, deberanse facer efectivos na vindeira nómina os pagamentos dos atrasos acordados na suba salarial.
ABRE O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA PARA DESCARREGAR O CONVENIO