PUBLICADO O CONVENIO COLECTIVO PARA O COMERCIO TEXTIL DA PROVINCIA DE OURENSE
Terá vixencia no 2023 e 2024
O Boletín Oficial da Provincia do luns 21 de agosto fai público o convenio do comercio do sector téxtil para a provincia de Ourense para os anos 2023 e 2024. O acordo acadouse o pasado 19 de xunho e a comisión negociadora foi conformada pola parte empresarial Centro Comercial Ourense Centro (CCA), Asociación de Mulleres Empresarias e Profesionais de Ourense (AME) e Asociación Provincial de Empresarios do Comercio Téxtil de Ourense e pola parte social, os representantes designados polas centrais sindicais: UXT, CIG e CC.OO. O convenio inclúe as táboas salariais para os anos 2023 e 2024
Se queres descarregar o convenio pica no pdf que está debaixo da fotografía