PUBLICADO O CALENDARIO LABORAL 2023 PARA A PROVINCIA DE OURENSE
Fíxose público no BOP do sábado 8 de outubro
A xefatura territorial de Ourense da consellaría de promoción do emprego e igualdade fai público no BOP do 8 de outubro o calendario laboral da provincia de Ourense para o ano 2023. O artigo 37.2 do Real decreto lexislativo 2/2015, polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto dos traballadores, dispón que dúas das festas laborais anuais serán locais. Do mesmo xeito, o artigo 46 do real decreto 2001/1983, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descanso, establece que serán inhábiles até dous días de cada ano natural con carácter de festas locais. Para o seu cumprimento, tendo en conta o que dispón o artigo 45 do real decreto 2001/1983, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descanso na súa redacción dada polo real decreto 1346/1989, do 3 de novembro e o decreto 139/2022, do 21 de xullo, polo que se determinan as festas da comunidade autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2023, DOG núm. 149, do 5 de agosto de 2022, esta xefatura territorial da consellaría de promoción do emprego e igualdade en Ourense, elaborou para esta provincia o calendario laboral para o ano 2023, onde se determinan como inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito dos respectivos concellos.
FESTIVOS ESTATAIS E GALEGOS
- 6 de xaneiro - Día de Reis
- 6 de abril - Xoves Santo
- 7 de abril - Venres Santo
- 1 de maio- Día da clase traballadora
- 17 de maio - Día das Letras Galegas
- 25 de xullo- Día da Patria
- 15 de agosto- Asunción
- 12 de outubro - Día dos Españois
- 1 de novembro - Día de Todos os Santos
- 6 de decembro - Día da Constitución
- 8 de decembro - Inmaculada Concepción
- 25 de decembro- Natal
Se queres descarregar o BOP cos festivos de cada concello abre o pdf que está debaixo da fotografía

