PUBLICADO O CALENDARIO LABORAL 2022 PARA A PROVINCIA DE OURENSE
O BOP fíxoo público o xoves 7 de outubro
O servizo de Emprego e Economía Social fai público no BOP do 7 de outubro o calendario laboral da provincia de Ourense para o ano 2022. O artigo 37.2 do Real decreto lexislativo 2/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores dispón que dúas das festas laborais anuais serán locais. Do mesmo xeito, o artigo 46 do Real decreto 2001/1983, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descanso, establece que serán inhábiles ata dous días de cada ano natural con carácter de festas locais. Para o seu cumprimento, tendo en conta o disposto no artigo 45 do Real decreto 2001/1983, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descanso, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro e o Decreto 97/2021, do 10 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2022, DOG núm. 128, do 7 de xullo de 2021, esta Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Ourense, elaborou para esta provincia o calendario laboral para o ano 2022 onde se determinan como inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables.
FESTIVOS ESTATAIS E GALEGOS
- 1 de xaneiro - Ano Novo
- 6 de xaneiro - Día de Reis
- 14 de abril - Xoves Santo
- 15 de abril - Venres Santo
- 17 de maio - Día das Letras Galegas
- 24 de xuño- Día de San Xan
- 25 de xullo- Día da Patria
- 15 de agosto- Asunción
- 12 de outubro - Día dos Españois
- 1 de novembro - Día de Todos os Santos
- 6 de decembro - Día da Constitución
- 8 de decembro - Inmaculada Concepción
Se queres descarregar o BOP cos festivos locais abre o pdf que está debaixo da fotografía

