Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

PUBLICADO O CALENDARIO LABORAL 2021 PARA A PROVINCIA DE OURENSE

23 Nov 2020

O BOP fíxoo público o luns 23 de novembro

O servizo de Emprego e Economía Social fai público no BOP do 23 de novembro o calendario laboral da provincia de Ourense para o ano 2021. Ao abeiro do que dispón o artigo 37.2 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, o artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre a regulación da xornada de traballo, xornadas especiais, e descansos, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, o Decreto 166/2020, do 10 de setembro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2021 (DOG nº 198, do 30 de setembro de 2020) e o artigo 1.11 do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade elaborou para a provincia de Ourense o seguinte:

As festas de carácter local correspondentes a todos os concellos da provincia. Decláranse inhábiles para o ano 2021, para os efectos laborais retribuídos e non recuperables; ademais das festas de ámbito estatal que se sinalan para o ano 2021 (BOE núm. 280, do 2 de novembro de 2020) e as festas laborais propias da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 198, do 30 de setembro de 2020) tamén, e dentro dos respectivos termos municipais, as festas laborais de carácter local para o ano 2021.

FESTIVOS ESTATAIS E GALEGOS

  • 1 de xaneiro - Ano Novo
  • 6 de xaneiro - Día de Reis
  • 19 de marzo - Día de San Xosé
  • 1 de abril - Xoves Santo
  • 2 de abril - Venres Santo
  • 1 de maio - Día Internacional das/os Traballador@s
  • 17 de maio - Día das Letras Galegas
  • 12 de outubro - Día dos Españois
  • 1 de novembro - Día de Todos os Santos
  • 6 de decembro - Día da Constitución
  • 8 de decembro - Inmaculada Concepción
  • 25 de diciembre - Nadal

Se queres descarregar o BOP cos festivos locais abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver