Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Calendario de atención AX 2015
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADO O CALENDARIO DE DATAS DE ATENCIÓN DO SERVIZO DE ASESORAMENTO XURÍDICO DA CIG DE VERÍN E A LIMIA

25 Dec 2014

A Comisión Executiva da UL da CIG de Verín e A Limia ven de publicar o calendario pro ano 2015

Na última reunión da Comisión Executiva da UL da CIG de Verín e A Limia elaborouse o calendario de datas de atención do servizo de asesoramento xurídico pro ano 2015.

Lembramos que os servizos de asesoramento xurídico son exclusivos pra afiliados/as da CIG e/ou pra persoas que se afilien e satisfagan a cota de acceso aos mesmos.

As consultas desenvólvense nos locais da CIG de Verín, na Casa Sindical de Verín, Rúa Doutor Pedro Glz. Prada nº 5

É preciso solicitar cita previa ou chamando ao telefone: 988412345 ou pasando polos locais da CIG de Verín ou Xinzo de Limia

As cosultas e a levanza de casos da asesoría xurídica laboral e contencioso administrativa é gratuita pra afiliados/as como mais de 5 anos de antigüidade e as cotas ao día. Con menos de 5 anos deberá satisfacerse a cota complementar de asesoramento xurídico aprobada polo Conselho Confederal da CIG.

As consultas realizadas na asesoría xurídica civil e penal son gratuítas, mais a levanza de casos terá o custe mínimo que sinala o Baremo de Honorarios do Colexio de Avogados/as.

 

Volver