Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

PUBLICADO O CONVENIO DO COMERCIO TEXTIL PARA OURENSE

18 Xan 2022

Terá vixencia deica a fin do ano 2022

A xefatura territorial de Ourense da consellaría de emprego e igualdade fai público no BOP do 18 de xaneiro que, unha vez visto o texto do convenio colectivo do comercio téxtil de Ourense con vixencia dende 01/01/2020 ata o 31/12/2022, con código de convenio nº 32000145011981, que subscribiu o día 15 de decembro de 2021, a comisión negociadora conformada pola parte empresarial: Centro Comercial Ourense Centro e Asociación Provincial de Empresarios do Comercio Téxtil de Ourense e pola parte social, os representantes designados polas centrais sindicais: UXT, CIG e CC. OO. e, de conformidade co que dispón o artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores [BOE 255, do 24 de outubro de 2015], o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo [BOE 143, do 12 de xuño de 2010] o Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo [BOE 232, do 28 de setembro de 1982] e polo Decreto 110/2020 do 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, esta Xefatura Territorial, resolve ordenar a súa inscrición e depósito.

PREME NO PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA PARA DESCARREGAR O CONVENIO

Volver