PUBLICADAS NO DOG LISTAXES DE ADMITID@S E EXCLUÍD@S EN VARIAS CATEGORÍAS DO SERGAS
Trátase das listaxes de celador/a, cociñeiro/a, grupo auxiliar da funcion administrativa, lavandeiro/a, pasador/a de ferro e pinche
No DOG do venres dia 23 de decembro de 2016, publicouse a relación provisional de admitidos/as e excluidos/as e os resultados provisionais de baremacion no proceso de actualizacion das listas de seleccion temporal das categorias de celador/a, cociñeiro/a, grupo auxiliar da funcion administrativa, lavandeiro/a, pasador/a de ferro e pinche. A listaxe provisional de admitidos/as e excluidos/as coa asignacion aos primeiros da puntuacion e a orde de prelacion provisionais acadadas atópanse publicadas, a disposición das persoas interesadas, na paxina web do Servizo Galego de Saude (www.sergas.es). Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluidos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á consellaría de sanidade no prazo de dez días habiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación. As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluidas, disporan do mesmo prazo para formular a sua reclamacion. A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que farán públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes. Para calquera consulta poderá dirixirse aos Centros de Xestion do Servizo Galego de Saude (http://www.sergas.es/Docs/Profesional/Directorio%20Unidades%20de%20informacion%20gal.pdf) ou formular a súa pregunta no seguinte buzon: novopacto@sergas.es.

