Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADAS, NO DOG DO 15 DE XANEIRO, AS BASES PRA CONCESIÓN DE AXUDAS PRA CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL DE TRABALHADOR@S CON REDUCIÓN DE XORNADA

16 Xan 2015

A Vicepresidencia da Xunta de Galiza publica a Convocatoria pola que se regula a solicitude deste tipo de axudas. O prazo de solicitude remata o 20 de Febreiro

O obxecto desta resolución da Xunta de Galiza é a convocatoria e regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles/as traballadores/as que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014 tivesen unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu/da súa fillo/a.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galiza.


Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galiza.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 20 de febreiro de 2015

Volver