Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PRAZAS DE PERSOAL FUNCIONARIO E CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL DA XUNTA

29 Dec 2020

É a resolución do 23 de decembro de 2020

A consellaría de Facenda e Administración Pública fai público no DOG do 29 de decembro a resolución do 23 de decembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listaxes definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 26 de novembro de 2020 (DOG núm. 244, do 3 de decembro) fixéronse públicas as listaxes provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galiza elaboradas en cumprimento do artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

A Dirección Xeral Resolveu:

Primeiro. Facer públicas as listaxes definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.

Segundo. As listaxes poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de Listas de contratación, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 e nas oficinas de Rexistro e Atención á Cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo).

As devanditas listaxes incluirán a seguinte información:

– Solicitantes admitidos/as na listaxe con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido nos artigos 9 e 9 bis do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. As listaxes entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deben consignar o nome e os apelidos, o NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta e copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galiza.

Volver