Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

PUBLICADAS LISTAXES DE SELECCIÓN TEMPORAL EN DIFERENTES CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO DO SERGAS

15 Mar 2017

A resolución do 6 de marzo foi publicada no DOG do día 15

No DOG do 15 de marzo publícase a resolución do 6 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Estas categorías son as de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior e imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Volver