PUBLICADAS LISTAXES DE ADMITID@S/EXCLUÍD@S PARA DÚAS PRAZAS DE POLICÍA LOCAL NO CONCELLO DE XINZO
Tamén fan pública a composición do tribunal do proceso selectivo
O concello de Xinzo de Limia, mediante decreto da alcaldía de data 24/05/2017, aprobou a relación provisional de aspirantes admitid@s e excluíd@s e a composición do Tribunal do proceso selectivo convocado para cubrir dúas prazas vacantes de Policía Local pola quenda libre incluídas na Oferta de Emprego Público do ano 2016, do seguinte teor literal:
“Publicadas no BOP de Ourense núm.14, de data 16 de febreiro de 2017, as bases xerais e específicas que regulan a convocatoria del proceso selectivo para cubrir as dúas prazas de policía local vacantes no concello de Xinzo de Limia incluídas na OEP 2016, realizados os trámites pertinentes para a formación do tribunal cualificador e finalizado o período establecido para a presentación de instancias (do 28/03/2017 ó 17/04/2017, ambos inclusive), de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas e en exercicio das miñas atribucións, resolvo aprobar a lista provisional de aspirantes admitid@s e excluíd@s á proba de selección convocada para a cobertura de dúas prazas vacantes de policía local pola quenda libre do concello de Xinzo de Limia incluídas na OEP 2016.
PARA DESCARREGAR AS LISTAXES ABRE O ANUNCIO DO BOP QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

