Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADAS AXUDAS PARA SACAR OS CARNÉS DE CONDUCIR B, C, D

29 Set 2022

A orde foi publicada o 28 de setembro

Publicada no BOP do mércores 28 de setembro a orde de axudas pra os permisos de conducir de tipo B, C e D.

O importe das axudas é de 400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D

Os requisitos que se deben cumprir no día de presentación da solicitude son os seguintes:
-Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

As solicitudes poden presentarse ata o 28 de outubro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365 ou DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Documentación que debe presentarse coa solicitude:
-Autorización temporal para conducir no caso de ter aprobado o/s carné/s pero que o documento aínda non fose expedido.
-Certificado/s de empadroamento histórico no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
-Anexo II (certificado da autoescola ou centro de formación que reflicta a data da matriculación).
-Anexo III (cuestionarios relativos os indicadores de produtividade e de resultado inmediato).

Amplía info abrindo o DOG do 28 de setembro de 2022

Volver