PUBLICADAS AS DATAS DE EXAMES EN DIFERENTES CATEGORÍAS DA XUNTA DE GALIZA
Foron publicadas no DOG do luns 2 de xaneiro
No DOG do 2 de xaneiro de 2017 foron publicadas as datas, lugares e horas dos exercicios de tres procesos selectivos. Son os seguintes:
-Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas. O cuarto exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 24 de xaneiro de 2017, na sala D do Edificio Administrativo Pirámide, núm. 8, San Caetano, Santiago de Compostela, a partir das 9.30 horas. O acceso realizarase pola porta posterior do edificio fronte á estación de autobuses.
-Proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2. O terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 12 de xaneiro de 2017, nas aulas número 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.
-Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as. O primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 8 de febreiro de 2017, nas aulas número 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

