Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADAS AS DATAS DAS PROBAS FÍSICAS E DE AGUDEZA VISUAL PARA @S TRABALLADOR@S DO PLADIGA

27 Mar 2017

A Consellaría habilitou un sitio web para ver as datas da celebración das probas

A Consellaría do medio rural e do mar habilitou o enlace http://mediorural.xunta.gal/ para que tod@s @s traballador@s aspirantes poidan comprobar a data e lugar á que deberán acudir pra realización da proba física e de agudeza visual, provistos do DI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico, agás aqueles aspirantes convocados só para realizar a proba de agudeza visual, os cales deberán acudir á proba provistos somente do DI. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. Unha vez rematadas as probas físicas e de agudeza visual, os resultados das mesmas publicaranse na mesma páxina

Volver