Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADAS AS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN DA LEI DO PERSOAL DA XUNTA

27 Dec 2022

Son para o corpo de Xestión A2 Xeral e Especial e Grupo II Laboral

PUBLICADAS AS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN DA LEI 20/2021 PARA O PERSOAL DA XUNTA DE GALIZA CORPO DE XESTIÓN A2 XERAL E ESPECIAL E GRUPO II LABORAL QUENDA DE ACCESO LIBRE E SISTEMA DE CONCURSO

O pasado luns 26 de decembro saíron publicadas no DOG as convocatorias de procesos selectivos extraordinarios para corpos xerais, especiais e no seu caso de persoal laboral dos procesos selectivos de estabilización orixinados na lei 20/2021.

Finalmente saen as convocatorias de prazas que serán cubertas por acceso libre e o sistema de CONCURSO, con moitas eivas e co prazo de matriculación diferido até o día 16 de xaneiro.

- Corpo de xestión da Xunta de Galiza e para o corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral, subgrupo A2 e para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral fixo.

O prazo para matricularse é de 20 días hábiles, do 16 de Xaneiro ao 10 de Febreiro de 2023

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos».

O acceso á convocatoria pódese facer no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221226/AnuncioG0597-161222-0004_gl.html

Volver