PUBLICADAS AS BASES DOS PROCESOS SELECTIVOS PARA A PROVISIÓN DAS PRAZAS INCLUÍDAS NA OPE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE
Pertencen á OPE de 2017
A Deputación de Ourense fixo públicas no BOP do 23 de xaneiro a aprobación das bases para a provisión en propiedade das prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2017
As prazas convocadas son as seguintes:
1. Prazas de acceso libre:
1.1. Prazas de funcionarios correspondentes á taxa xeral do 50 % de reposición de efectivos:
1.1.1. Un/unha arquitecto/a (A1): título universitario de grao en Arquitectura ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento.
1.1.2. Un/unha técnico/a especialista en Recursos Humanos e Formación Profesional (A2): título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento.
Sistema de selección: concurso – oposición.
1.2. Prazas de persoal laboral fixo correspondentes á taxa xeral do 50 % de reposición de efectivos:
1.2.1. Dous/dúas operarios/as sen cualificar (AP): non é necesario titulación ningunha do sistema educativo.
1.2.2. Un/unha porteiro/a (AP): non é necesario titulación ningunha do sistema educativo.
1.2.3. Un/unha condutor/a de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais (C2): título de graduado en educación
secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional.
1.2.4. Un/unha chapista (C2): título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
Sistema de selección: concurso – oposición.
1.3. Prazas de persoal funcionario correspondentes a procesos de consolidación de persoal laboral indefinido non fixo:
1.3.1. Un/unha técnico/a superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información (A1): título universitario de grao en Enxeñería Informática, de Sistemas e Servizos de Telecomunicacións, de Redes de Telecomunicación, Electrónica de Telecomunicacións ou en Sistemas de Telecomunicación ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento.
1.3.2. Dous/dúas técnicos/as superiores de Desenvolvemento Local e Fondos Europeos (A1): título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento.
1.3.3. Un/unha técnico/a especialista en Desenvolvemento Local e Fondos Europeos (A2): título universitario de grao ou
calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do marco español de cualificacións para a educación
superior (nivel 6 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento.
1.3.4. Un/unha traballador/a social (A2): título universitario de grao en Traballo Social ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento.
1.3.5. Un/unha arquitecto/a (A1): título universitario de grao en Arquitectura ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento.
Sistema de selección: concurso – oposición.
1.4. Prazas de persoal laboral fixo correspondentes a procesos de consolidación de persoal laboral indefinido non fixo:
1.4.1. Tres choferes/choferesas operarios de lixo (C2): título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional.
1.4.2. Un/unha coordinador/a de actividades deportivas (C1): título de bacharelato, técnico ou equivalente.
1.4.3. Catro monitoras/es deportivos (C2): título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
1.4.4. Un/unha monitor/a de lecer no rural (C1): título de bacharelato, técnico ou equivalente.
1.4.5. Un/unha mestre/a de talla en madeira a tempo parcial (C1): título de bacharelato, técnico ou equivalente.
1.4.6. Un/unha mestre/a de cerámica e olería a tempo parcial (C1): título de bacharelato, técnico.
1.4.7. Un/unha mestre/a de pintura e debuxo a tempo parcial (C1): título de bacharelato, técnico.
1.4.8. Un/unha operario/a lixo (AP): non é necesario titulación ningunha do sistema educativo.
1.4.9. Un/unha operario/a do centro recollida animais abandonados(AP): non é necesario titulación ningunha do sistema
educativo.
Sistema de selección: concurso – oposición.
1.5. Prazas de persoal funcionario correspondentes a procesos de consolidación de emprego aos que se refire a disposición transitoria 4ª do Texto refundido do Estatuto básico do empregado público:
1.5.1. Un/unha administrativa/o de administración xeral: título de bacharelato, técnico ou equivalente.
1.5.2. Dous/dúas auxiliares de administración xeral: título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
Sistema de selección: concurso – oposición.
1.6. Prazas de persoal laboral fixo correspondentes a procesos de consolidación de emprego aos que se refire a disposición transitoria 4ª do Texto refundido do Estatuto básico do empregado público:
1.6.1. Catro monitores/as deportivos/as: título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente e titulación que habilite para a realización das funcións inherentes a esta praza.
1.6.2. Un/unha porteiro/a: non é necesario titulación ningunha do sistema educativo.
1.6.3. Dous/dúas choferes/as – operarios/as de lixo: título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E, certificado de aptitude profesional e titulación que habilite para a realización das funcións inherentes a esta praza.
1.6.4. Un/unha mestre/a de modelado de barro a tempo parcial: título de bacharelato, técnico ou equivalente e titulación que habilite para a realización das funcións inherentes a esta praza. Sistema de selección: concurso – oposición.
1.7. Prazas de persoal funcionario correspondentes á taxa adicional do 90 % de consolidación de emprego en determinados sectores:
1.7.1. Un/unha auxiliar de administración xeral: título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
Sistema de selección: concurso– oposición.
1.8. I. H) Prazas reservadas para persoas con diversidade funcional: resérvanse para persoas con diversidade funcional as seguintes prazas, das incluídas nos apartados anteriores:
1.8.1. Persoas con diversidade funcional en xeral:
1.8.1.1. Un/unha auxiliar de administración xeral (taxa de consolidación ao abeiro da Disposición transitoria 4ª do TREBPE): Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
1.8.1.2. Un/unha porteiro/a (taxa xeral do 50 %): non é necesario titulación ningunha do sistema educativo.
1.8.2. Persoas con diversidade funcional psíquica: un/unha operario/a sen cualificar (taxa xeral do 50%): non é necesario titulación ningunha do sistema educativo. En caso de non cubrirse, estas prazas acumularanse ás de convocatoria ordinaria, podendo ser cubertas por persoas sen diversidade funcional que superen os procesos selectivos correspondentes. Non obstante, esta regra non será de aplicación no caso de que as prazas cubertas por persoas con diversidade funcional sexan menos de dúas. Neste caso, a totalidade das prazas acumularanse na reserva de persoas discapacitadas da oferta pública de emprego da Deputación correspondente a 2018.
2. II. Prazas de promoción interna:
2.1. Prazas funcionariais:
2.1.1. Un/unha técnico/a de administración xeral (A1): título universitario de grao en Dereito, Ciencias Políticas, Económicas ou Empresariais, de grao de Dereito, Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas, Ciencias Políticas e das
Administracións Públicas, Económicas ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) nalgunha desas rama do coñecemento.
2.1.2. Catro administrativos/as de administración xeral (C1): título de bacharelato, técnico ou equivalente ou unha antigüidade de dez anos na subescala C1 ou de cinco anos e a superación dun curso específico de formación.
2.1.3. Dous/dúas auxiliares de administración xeral (C2): título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou
equivalente.
2.2.Prazas laborais: Dous/dúas choferes/as especialistas: título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou
equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional.
2.3. Tres albaneis: título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Sistema de selección: concurso– oposición para as prazas de técnico de administración xeral e administrativos/as e a de concurso para as prazas de auxiliar de administración, choferes/as especialistas e albaneis.
2.4.Prazas reservadas para persoas con diversidade funcional: resérvase unha das praza de auxiliar administrativo: título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. En caso de non cubrirse por persoa con diversidade funcional, estas prazas acumularanse ás de convocatoria ordinaria, podendo ser cubertas por persoas sen diversidade funcional que superen os procesos selectivos correspondentes.
DESCARREGA AS BASES ABRINDO O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

