Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Resolución da Conselharía de Facenda
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICADA NO DOG DO 26 DE FEBREIRO A ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALIZA

26 Feb 2015

O venres, día 27, publicarase no DOG a apertura de listas e relación de listas abertas e pechadas

A Conselharía de Facenda ven de publicar no DOG a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (Diario Oficial de Galiza número 48, do 9 de marzo), se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2014 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e á contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

O prazo pra reclamar será de 10 días contados a partires do día 26 de Febreiro do 2015.

O venres, día 27, publicarase no DOG a apertura de listas e relación de listas abertas e pechadas.

Vanse abrir nove listas novas. Ademáis das que obriga a lei por existir un proceso selectivo (estatística A1, arquivos A2 e delinhantes), ábrense as de finanzas e técnicas de minas en funcionarios/as, e as categorías 6 e 11 do grupo III e 6 e 7 do grupo IV en persoal laboral.

Péchanse as de profesor/a numerario/a, mestre de talher, enxenheiro/a de caminhos, canais e portos e a escala de axentes de gardacostas, debido ao volume de persoas tras un período especial de apertura.

As novas inclusións poderanse facer, coma sempre, ata o 15 de xulho.

 

Preme na ligazón da parte esquerda e descarrega a Resolución completa

Volver