Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

PUBLICADA NO DOG A ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS DO 2021

25 Nov 2022

Son prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza

O DOG do xoves 24 de novembro fai público que mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 100, do 25 de maio), e de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza, fíxose pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2021 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Rematado o prazo para presentar reclamacións establecido na devandita resolución, corrixidos os erros e examinadas as alegacións formuladas polas persoas interesadas, a Comisión Permanente acordou elevar á Dirección Xeral da Función Pública a proposta de actualización definitiva de méritos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Vista a proposta, esta dirección xeral RESOLVE:


Primeiro. Publicar a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2021 dos integrantes das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se especifican no anexo I desta resolución e a persoal laboral dos grupos e categorías que se determinan no anexo II. As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de «Listas de contratación».

Segundo. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Descarrega os anexos abrindo o pdf que está debaixo da fotografía

Volver