PUBLICADA A RESOLUCIÓN DE PECHE E APERTURA DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALIZA
Publícase ó mesmo tempo unha actualización provisional de méritos
No DOG de hoxe, 26 de febreiro, ven publicada a resolución na que acordan o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas das listas de contratación do decreto 37/2006.
Do mesmo xeito, tamén se publica a resolución pola que se fai oficial a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2015 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia
Asemade, se xa estás inscrita/o nalgunha listaxe de contratación, podes consultar o estado da mesma neste enlace:

