Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

PUBLICADA A OFERTA DE 4 PRAZAS DE AUXILARES DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE ENTRIMO

30 Mar 2016

O anuncio fíxose público no BOP de hoxe, día 30 de marzo

O concello de Entrimo fai unha nova convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 21/03/2016. Trátase de 4 prazas de auxiliares de axuda no fogar, xornada a tempo completo, de luns a domingo, incluídos os festivos.
A modalidade de contratación consta de 3 contratos laborais temporais para obra ou servizo determinado e 1 de interinidade sendo as duracións dos mesmos as seguintes: 3 durante 12 meses e 1 para cubrir vacacións.
O sistema de selección é por concurso de méritos, e as retribucións totais son de 859,06 €/mes (incluída pppe).
Para a presentación de instancias hai un prazo de 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do concello, sito na Praza do Concello, 32860 Terracha ( A ), Ourense, teléfono 988 434 666 en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

Volver