Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PUBLICACION LISTAS DEFINITIVAS DE CONTRATACION TEMPORAL DECRETO 37/2006

23 Dec 2016

Aparecen publicadas no DOG do 22 de decembro

Publícase no DOG do 22 de decembro a RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro. As listas de solicitantes admitidos poden consultarse no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), na epígrafe de listas de contratación de Función Pública. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución  no Diario Oficial de Galicia.As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e achegar, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Volver