PRÓXIMO COMEZO DA CAMPAÑA DA DECLARACIÓN DA RENDA 2022
É un servizo para as/os afiliadas/os
Como todos os anos, durante a campaña de realización do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) dende a CIG ofertamos o servizo de realización das Declaracións da Renda a todas as persoas afiliadas que teñan as cotas ao día (no caso de non estar por algún motivo pódense regularizar).
A campaña da renda deste ano a comezará no local de Verín o día 17 de abril de 2023 e no local de A Limia o día 18 de abril de 2023.
A cita para a confección da declaración da renda será preferiblemente presencial.
PARA SOLICITAR A CITA ( Recomendamos, pola súa facilidade, que a solicites pola web para evitar saturación nas liñas telefónicas )
- Vía WEB: A PARTIR DO 10 DE ABRIL
A través do formulario para pedir citas da renda que está habilitado no enlace directo https://oficina.cig.gal/renda, a solicitude a fará a persoa afiliada e, no seu caso , axuntaranse os datos do/a cónxuxe no apartado de comentarios (Nº DNI, data de vencemento do DI e casilla 505 da declaración do ano 2021). Lembra que ao pedir a cita polo formulario da páxina WEB, podes elixir entre presencial (terás que achegarte ao local coa documentación) ou telefónica e ese día a hora aproximada, chamarémoste para realizar o trámite.
- Vía Telefónica: A PARTIR DO 2 DE MAIO
Para a confección da renda de maneira telefónica deberás obrigatoriamente solicitar a cita a través da seguinte páxina web: https://oficina.cig.gal/renda, a solicitude a fará a persoa afiliada e, no seu caso , axuntaranse os datos do/a cónxuxe no apartado de comentarios (Nº DNI, data de vencemento do DI e casilla 505 da declaración do ano 2021). Ese día a hora aproximada, chamarémoste para realizar o trámite.
SE PERCIBICHES SALARIOS DO FOGASA ANTES DO INICIO DA CAMPAÑA AVISA, XA QUE PODE SER QUE HAXA QUE TRIBUTALO NESTE EXERCICIO!!!
Lembra á hora de facer a Declaración da Renda que a Cota sindical desgrava.