Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

RESUMO DA REUNIÓN SEAGA-COMITÉ DE EMPRESA

24 Xun 2015

O pasado día 22 de Xunho o Comité de Empresa e a Dirección da Seaga reuníronse en Ourense, pra analizar a situación das condicións dos trabalhadores/as.

1º.- A Dirección da Seaga acordou priorizar as podas sobre os desbrozamentos.

2º.- A Dirección da Seaga informou sobre que a formación de trabalhadores/as se realizará por grupos, en xoves-venres e luns-martes

3º.- A Sección Sindical da CIG propuxo, que durante o período de formación, o persoal recibise a información precisa sobre o seu período de vacacions; aceptándose a proposta por parte da Dirección da SEAGA.

4º.- A Sección Sindical da CIG propuxo que as pezas para sthill e husqwarna fosen orixinais; aceptándose a proposta por parte da Dirección da SEAGA. 

5º.- A Sección Sindical da CIG propuxo que as perneiras para desbrozamentos fosen acolchadas; aceptándose a proposta por parte da Dirección da SEAGA. 

6º- A Sección Sindical da CIG reclamou o pagamento de dietas para o persoal de xestión de incendios; aceptándose a proposta por parte da Dirección da SEAGA. 

7º.- A Sección Sindical da CIG reclamou o pagamento da disponhibilidade telefónica. A Seaga solicitou a realización dumha proposta que se concretou, pola Sección Sindical da CIG, en 4,06 euros/hora, sen que se dise resposta á mesma.

8º.- A Sección Sindical da CIG reclamou a compensación de todo o tempo de trabalho extraordinario. A Seaga manifestou que a súa intención é non aboar a 9ª hora.

9º.- A Sección Sindical da CIG propuxo que o valor da hora extraordinaria se establececese no 1,75% do valor da hora normal, sen que, a Dirección da Seaga, se pronunciase sobre a mesma.

10º.- Acordouse que os/as delegados/as de prevención recorrran todos os puntos de encontro pra comprobar in situ o axeitamento das instalacións da empresa e, en caso de detección de deficiencias, formulen as correspondentes reclamacións.

Volver