Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CELGA 2: PUBLICADOS HORARIOS E LUGARES

21 Nov 2018

Celebraranse en Compostela e Ponferrada

A secretaría xeral de política lingüística fixo públicas as datas e horarios das probas para a obtención do Celga 2, que serán o día 24 de novembro de 2018. As persoas admitidas deberán presentarse ás 8.30 horas no lugar de realización das probas. Os chamamentos comezarán ás 8.40 horas. As probas comezarán ás 9.00 horas.

OS LUGARES ONDE SE REALIZARÁN AS PROBAS SON:

Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) Rúa Madrid, 2-4 (Fontiñas)
15707 Santiago de Compostela

Ponferrada: EOI Ponferrada Río Burbia s/n
24400-Ponferrada

As persoas admitidas presentaranse no lugar e na data de realización das probas, provistas do documento que acredite a súa personalidade (DNI, NIE ou pasaporte) e dun bolígrafo azul ou negro. Os chamamentos para as probas orais realizaranse por orde alfabética do A ao Z, segundo o artigo 13.3 da Resolución do 7 de setembro de 2018 (DOG nº 176 do 14 de setembro de 2018), da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018.

Volver