Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PRIMEIRO ACTO DE PROTESTA DIANTE DO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

14 Mai 2021

Delegadas/es de persoal e traballadoras/es do concello concentráronse ante as portas do mesmo

Traballadores/as municipais xunto con membros do comité de empresa concentráronse hoxe fronte as portas da casa do concello pra facer pública a “discriminación laboral” que existe a día de hoxe no concello de Xinzo de Limia e denunciar ante a viciñanza a "vulneración" do dereito de negociación colectiva que está a levar a cabo o grupo de goberno.

O representante da CIG no concello expón que, a pesares de ter unha ampla maioría na representación legal do persoal a alcaldesa non atende nin unha soa proposta do sindicato, chegando a levar ó pleno municipal os orzamentos para o 2021, incluíndo reparos da secretaría municipal e acordos con algún grupo de persoal.

Esta é a primeira das protestas, que continuarán se a rexedora xunto co grupo de goberno persiste na mesma actitude, e a CIG procurará que haxa unha negociación real evitando a discriminación da maioría do persoal.

Volver