Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: OFERTA FORMATIVA INTERSECTORIAL EN MATERIA DE PRL

25 Abr 2022

Son cursos de teleformación

A CIG INFORMA sobre contidos, datas de realización e datas de inscripción dos cursos que a continuación se relacionan.

Todos os cursos se realizarán en formato de teleformación, o que permite o acceso aos contidos e ás probas de avaliación correspondentes en calquera momento, durante os días nos que esté dispoñible o curso, para que poidas traballar os contidos ao teu ritmo.

Durante o curso, terás a disposición unha persoa docente-titora para a resolución de consultas relacionadas cos contidos e probas de avaliación e a asistencia dun servicio técnico para as incidencias que poidan presentarse no emprego da plataforma de teleformación.

Ao remate de cada curso, expedirase a certificación de ter superado o curso.

Para inscribirte son imprescindibles:

- unha conta de correo electrónico, preferentemente dun proveedor distinto a Hotmail, para realizar a matrícula e acceder ao curso

- conexión a internet, para ver os contidos e realizar as probas de avaliación

- un equipo informático, preferentemente un ordenador ou tablet; é posible que poidas seguir o curso a través dun smartphone, dependendo das súas características técnicas; ten en consideración que moitos dos contidos están explicados a través de videos. Os entornos mais favorables son Windows e Android.

PREINCRICIÓN: Para preinscribirte nos cursos que sexan do teu interés, podes utilizar as canles habituais nos últimos anos ou directamente a través do formulario de inscripción, accesible dende a ligazón https://www.cigsaudelaboral.org/Seccions/Preinscricion#scroll

As prazas son limitadas, polo que agradecemos que te inscribas só naqueles cursos aos que, sendo do teu interés, lles podes adicar o tempo necesario.

No caso de ser admitido/a recibirás un correo electrónico coas indicacións necesarias para que ti mesmo/a procedas a realizar á tua inscripción definitiva no curso correspondente.

Curso: Enfoque da prl dende unha perspectiva de xénero,10 horas      Do 10 ao 18 de maio de 2022

Inscricións ata o 2 de maio de 2022

Normativa e conceptos básicos /Riscos laborais asociados as desigualdades de xénero / Factores específicos de risco e a súa prevención nos distintos sectores (sectores feminizados e masculinizados) / A violencia contra as mulleres no ámbito laboral / Prevención de riscos de orixe psicosocial / Medidas para a negociación colectiva. Plans de igualdade / Prevención de riscos laborais en situacións de embarazo e lactación / A prevención no manexo de tóxicos e o seu efecto no embarazo e a lactación. / Disruptores endocrinos, un risco emerxente

Curso: PRL no sector da limpeza  15 horas    Do 12 de maio ao 24 de maio de 2022

Inscricións ata o 2 de maio de 2022

Conceptos básicos: traballo e saúde; Danos derivados do traballo / Marco normativo básico / Riscos específicos nos traballos de limpeza / Risco químico / Risco biolóxico / Marnipulación manual de cargas e trastornos musculoesqueléticos

Curso: Prevención de riscos laborais no marco da acción sindical, 20 horas     Do 26/05/2022 ao 08/06/2022

Inscricións ata o 16 de maio de 2022

Conceptos básicos. Delegado/a de prevención e Comité de Seguridade e Saúde: Competencias, facultades, responsabilidades, ámbitos de actuación. Dúbidas frecuentes en relación a determinados ámbitos da prl. Ámbitos de actuación sindical no marco da LPRL. Incapacidade temporal: xestións ante as mutuas e a Seguridade Social

Curso: Radon. Que tes que saber do radon?   20 horas      Do 31 de maio ao 14 de xxuño de 2022

Inscricións ata o 21 de maio de 2022

Introdución á radiación ionizante. O mapa de radon en Galiza / Medicións e verificación / Solucións técnicas de mitigación / Marco lexislativo (Euratom, IS-33, NP 440, CTE-DB6) / Valores de referencia de concentración / O radon como risco laboral / Valoración e documentación / Accións correctivas e preventivas

Curso: Organización da prevención: figuras preventivas    10 horas      Do 7 ao 15 de xuño de 2022

Inscricións ata o 28 de maio de 2022

Organización preventiva; traballador designado, servizo de prevención / Figuras preventivas: traballador designado, recurso preventivo, delegado de prevención / Coordinador de actividades empresariais, coordinador de seguridade e saúde / Comité de Seguridade e Saúde / Representación das persoas traballadoras no Comité de Seguridade e Saúde.

Curso: Prevención de TME: Profilaxis da columna lumbar    10 horas    Do 14/06/2022 ao 22/06/2022

Inscricións ata o 4 de xuño de 2022

Recordo anatómico da columna lumbar / Biomecánica da columna lumbar / Factores de risco na columna lumbar no ámbito laboral / Práctica: exercicios de fortalecemento para membros inferiores; exercicios de estiramento de membros inferiores e columna dorso lumbar; propiocepción da columna lumbar.

Volver