Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PRESENTACIÓN EN VERÍN DO LIBRO "CONTRA A MORTE DAS LINGUAS. O CASO GALEGO"

03 Mar 2015

O día 6 de Marzo, ás 19.30 horas na Biblioteca Municipal de Verín presentarase o libro "Contra a morte das linguas"

O próximo venres, 6 de Marzo, ás 19.30 horas, presentarase na Biblioteca Municipal de Verín o libro "Contra a Morte das Linguas. O caso Galego" do autor ferrolán Miguel Moreira Barbeito.

Miguel Moreira Barbeito (Ferrol, 1983) é doutor en Filoloxía coa especialidade de Lingüística. Recentemente, vén de publicar o libro Contra a morte das linguas. O caso do galego, editado por Xerais. A obra é resultado da súa tese de doutoramento dirixida pola escritora e profesora Teresa Moure. Nela, estuda un novo enfoque sobre a diversidade lingüística e advirte, entre outras cousas, da perda de falantes da lingua galega e enfatiza sobre a importancia de establecer pautas normalizadoras que garantan o porvir tanto deste coma dos outros idiomas do mundo.

En palabras do propio autor, Contra a morte das linguas «achega unha visión anovadora para a análise da situación das linguas do mundo, caracterizada por unha alarmante diminución da diversidade lingüística tanto no nivel planetario como no contexto local galego, reparando ao mesmo tempo en conceptos básicos como os dereitos lingüísticos ou os procesos de normalización».

Asiste ao acto !

Volver