Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

PRAZO ABERTO PRA MODIFICACIÓN DE ÁMBITOS NAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN DA XUNTA

13 Xan 2020

Rematará o 31 de xaneiro

Lembramos que o prazo para a modificación de ámbitos nas listaxes de contratación da Xunta de Galiza está aberto durante todo o mes de xaneiro. Recordamos tamén que no DOG do luns 30 de decembro sae publicado o DECRETO 160/2019, do 19 de decembro, polo que se modifica o Decreto 60/2019, do 23 de maio, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Na súa nova redacción, o artigo 5.1 (solicitudes por vía electrónica) entrará en vigor o 1 de xuño de 2020 e os artigos 14 (chamamentos ás persoas aspirantes ) e 16 (credenciais) entrarán en vigor na data que expresamente se determine por orde da persoa titular da consellería competente en materia de función pública, tan pronto quede garantida a viabilidade técnica do sistema de citacións electrónicas, mantendo ata entón a vixencia dos referidos artigos na súa redacción anterior

Volver