Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

POR QUÉ CONVOCAMOS UMHA MANIFESTACIÓN CONTRA OS LUMES E POLA PREVENCIÓN ?

08 Set 2016

O día 16 de Setembro (venres), dende as 20.30 horas, na Praza do Concelho de Verín, a CIG convoca Manifestación.

Ante a vaga de lumes que están a asolar a Comarca de Monterrei, a da Limia e, en xeral, as de todo o noso País, reducindo a riqueza forestal a cinzas e facendo desaparecer o noso medio ambiente, a Comisión Executiva da CIG de Verín e A Limia acordou convocar umha MANIFESTACIÓN CIDADÁ, a celebrar o próximo venres día 16 de Setembro na vila de Verín ás 20.30 horas, con saída dende a Praza do Concelho, co obxecto de reclamar ao goberno da Xunta de Galiza a implementación de políticas de prevención forestal e de ordenación territorial, dirixidas a tentar evitar o desastre ecolóxico, económico e social que están padecendo as nosas Comarcas.

Non é de recibo que, ano tras ano, esteamos condeados irremisíbelmente a sufrir a incineración do noso medio natural e o Goberno da Xunta de Galiza sega a recuncar en políticas forestais que non só constitúen un absoluto fracaso, senón que, por riba, sementan sospeitas relativas a intereses económicos criados numha materia tan sensíbel como a conservación do noso patrimonio natural.

A privatización dos servizos de extinción, helitransportados e mesmo de terra, a situación de precaridade absoluta na que tenhen que trabalhar os operarios/as de empresas como a SEAGA ou TRAGSA e os do SPDCIF, a desidia do goberno de Feijoo en materia de ordenación do monte e da súa rendibilidade e, sobre todo, a ausencia dunha política de prevención durante o inverno, tennos conducido ao desastre e ao caos no que nos atopamos.

Co que paga a Xunta de Galiza por cada helicóptero/hora (6000 €/hora), poderían ser contratados, nisa mesma hora, 600 trabalhadores/as  que fixeran labores de limpeza e prevención forestal durante o inverno pra que, ao chegar o vrau, os incendios non se descontrolasen.

A CIG, as asociacións profesionais do sector, os trabalhadores/as e todo o mundo levamos anos reiterando ao Goberno de Feijoo a necesidade de mudar a ineficaz e irresponsábel política forestal que realiza. Mais non hai xeito ! O goberno da Xunta fai ouvidos xordos, alén de xestos ridículos e propagandísticos, como o da "mangueirinha", ou denuncias policiais e xudiciais completamente ineficaces para a solución do problema mais que fican moi ben na estatística. Por isto é polo que a cidadanía debe mobilizarse e polo que convocamos a Manifestación do día 16 de Setembro nunha comarca especialmente castigada polo lume. Nos temos que defender o noso País ante un goberno que fai deixazón de funcións !!! Abonda de propaganda !!!!

Percorrido da Manifestación:

20:30 horas, do día 16 de Setembro do 2016 (venres), partindo da Praza do Concello de Verín, Avida de Portugal, Avida Luís Espada, Rúa Lisa, Praza García Barbón, Rúa da Cruz, Rúa da Mercé, Avida Luís Espada, Rúa da Deputación, Rúa dos Irmaus Moreno, Rúa Colón, Praza do Concello de Verín.

En Verín, a 7 de Setembro de 2016

Comisión Executiva da Unión Local da CIG de Verín e A Limia

Volver