POR 1ª VEZ A CIG OBTEN A MAIORIA NAS ELECCIÓNS SINDICAIS DO PERSOAL LABORAL DO CONCELHO DE VERIN
Tras as eleccións municipais, nas que por 1ª vez, despois da República, a esquerda é maioritaria, agora os trabalhador@s despexan do comité de empresa aos representantes da dereita extrema
Tras as eleccións municipais do pasado día 24, nas que o povo de Verín decidiu darlhe o pasaporte a anos de goberno da dereita extrema (dende a República non ganhaba a esquerda en Verín), agora o persoal laboral do Concelho ven de facer o propio cos representantes sindicais do dereitismo, concedendo a vitoria no Comité de Empresa á CIG e por maioría absoluta.
Secuencia histórica de resultados:
2003: CCOO = 7. CSIF = 2
2007: CCOO = 4. CIG = 4. CSIF = 1
2011: CSIF = 6. CIG = 3
2015: CIG = 3. CSIF = 2
Parabéns a todos os trabalhadores e trabalhadoras do Concelho de Verín !
Dende a CIG tentaremos construir umhas relacións laborais xustas e democráticas, nas que, nunca mais, tenha cabida o medo como instrumento de trabalho, sexa quen sexa o político que goberne