Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Os traballadores e traballadoras de Vidrieira do Atlántico irán a folga se a empresa non retoma a negociación do convenio

23 Dec 2008

Presentarán tamén unha demanda pola supresión do plus de actividade

Os 165 traballadores e traballadoras de Vidrieira do Atlántico, dedicada a fabricación de botellas e envases de vidro, mantiveron unha asemblea o 22 de decembro para tratar de achegar solucións contra os dous grandes problemas aos que se enfrontan: a suspensión da negociación colectiva e a presentación do expediente colectivo de modificación de condicións de emprego.

A respecto da primeira cuestión, os traballadores e traballadores acordaron outorgar unha semana de prazo á dirección da empresa para retomar a negociación do convenio. No caso contrario, decidiron acudir á folga dende ás 22:00 horas do 11 de xaneiro até as 6:00 horas do día 13, de xeito que as catro quendas de traballo queden paralizadas. Segundo explicou Anxo García Torres, da Unión Local da CIG de Verín, o paro repetirase cada quince días se non se achegan solucións por parte da empresa.

Demanda colectiva

No que se refire ao expediente colectivo de modificación de condicións de emprego e que supón a eliminación do plus de produtividade (entre outras cuestións), decidiuse presentar unha demanda colectiva ou individual, así como denunciar a vulneración dos dereitos dos traballadores.

“Está nas mans da empresa arranxar esta situación, son eles os que teñen que dar o paso”, indicou Anxo García, quen lembrou que a dirección rompeu toda negociación na última reunión mantida cos representantes dos/as traballadores/as.

Volver