Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Os traballadores e traballadoras de Vidreira do Atlántico anuncian unha folga xeral

09 Feb 2009

O cadro de persoal secundou o terceiro paro de 32 horas

Os traballadores e traballadoras tomaron a decisión logo das constantes negativas da dirección da empresa a aceptar calquera das propostas presentadas polo Comité a respecto do plus de actividade, modificacións das categorías ou melloras das medidas de prevencións e riscos laborais.

A declaración de folga xeral incluirá a todos e todas os traballadores dos servizos e dependencias da vidreira, iniciándose o primeiro paro o vindeiro martes 17 de febreiro dende ás 22:00 horas até as 6:00 horas do xoves 19. A segunda xeira está prevista do 25 ao 27 de febreiro, no mesmo horario, de xeito que se paralicen as catro quendas de produción. Así mesmo, a asemblea de traballadores/as decidiu que, de non mediar acordo coa empresa, convocará folga o resto dos meses do ano, a razón de dúas ou tres quendas cada mes.

Retomar a negociación do convenio

O conflito de Vidreira do Atlántico tense agravado a causa da intransixencia amosada pola dirección da empresa, que contestou a cada xestión realizada pola representación do cadro de persoal con medidas unilaterais e ameazas de peche.

Co folga xeral os traballadores e traballadoras agardan que a empresa reconsidere a súa postura e retome o proceso iniciado hai uns meses para a aprobación dun convenio colectivo “dende o respecto aos dereitos e liberdades sindicais dos operarios/as”.

De igual xeito, reclaman á empresa un compromiso para a correcta clasificación profesional de todo o persoal, conforme aos criterios estabelecidos na normativa actual de aplicación ao sector do vidro.

A consecución dun acordo en materia de seguridade laboral para a prevención de accidentes e a reducción de sinistros laborais nas dependencias da Vidreira e garantías da continuidade da empresa en Xinzo de Limia, son outros dos aspectos que se demandan a través da convocatoria de folga.

Máis información 

Volver